RAPOSO

   RAPOSO


NOME COMÚN DO ANIMAL: Raposo

NOME CIENTÍFICO: Vulpes vulpes


GRUPO DE ANIMAIS AO QUE PERTENCE: mamíferos


TAMAÑO: entre 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír a cola).





PESO: sobre 7 kg

COR:A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior.


SITUACIÓN LEGAL: non está en perigo na actualidade.


ALIMENTACIÓN:A alimentación dos raposos é moi variada, desde ratostoupas, ovos de aves, grandes insectos e preas, ata froita e algún coello. Polo tanto son omnívoros.


REPRODUCIÓN: Os raposos aparéllanse a mediados do inverno. Tras un período de xestación que vai dos 49 ós 56 días a femia retírase a un tobo para dar a luz unha media de 8 crías.

As crías nacen cos ollos pechados e reciben coidados durante as cinco primeiras semanas de vida, logo son obrigadas a marchar e facer a súa "vida propia". Os raposos emparéllanse de por vida e acostuman vivir uns 12 anos.

CAL É O SEU HÁBITAT : os bosques, fragas e outeiros.



COMPORTAMENTO DEPENDENDO DA ÉPOCA DO ANO (FENOLOXÍA): especie parcialmente territorial. Teñen costumes solitarias, evitando encontros con individuos da súa especie. Non forma manadas e comunícanse entre eles a dístancia, mediante medios olfativo e sonoros.


RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS E INTERESPECÍFICAS: Marcan o seu territorio cunhas glándulas. Tamén o fan coas glándulas anais. 

As familias comparten o territorio de caza pero en distintas horas.

CURIOSIDADES:



  • O raposo acada en carreira unha velocidade de 48 km/h.
  • O raposo foi introducido en Australia para controlar as pragas de coellos.
  • Cando nunha zona rural desaparecen os raposos axiña repobóase a zona de roedores.

Comentarios

Publicacións populares